Preguntas Frecuentes

Como acceso á emisión?

Proximamente

En que lugar se realizará a conferencia?

Farase no Auditorio Mar de Vigo, situado en primeira liña de mar, fronte ás Illas Cíes. Más información.

Comprei entrada e necesito unha factura, como a consigo?

Se necesitas unha factura para presentarlla á entidade que cubre a túa asistencia ao evento, xeraremos a túa factura cando se realice o evento ou ata cando se peche o prazo para cambiar os detalles dos tickets da conferencia. Principalmente, pola complexidade de cancelar eses documentos na nosa infraestrutura.

É a conferencia só en castelán?

A conferencia será principalmente en castelán, e dependendo das charlas que se acepten en inglés, podería haber unha pista completa en inglés durante os días de charlas.

As ponencias principais do evento, de apertura e de peche, serán en castelán. Porén, todas as persoas da organización falan castelán e inglés, e moitas galego, en caso de que persoas que asistan queiran información nun deses idiomas.

Cal é o aeroporto máis próximo á conferencia?

O Aeroporto de Vigo, Peinador, é o máis próximo, a só 20 minutos do centro da cidade. Máis información na sección Cidade.

Outros aeroportos próximos:

  • Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (aprox. 100 km)
  • Aeroporto de Porto — Portugal (aprox. 150 km)
Que dias son os titoriais e as charlas?

Proximamente

Quero patrocinar pero… como funcionan os complementos?

Despois de seleccionar un plan de patrocinio poderás elixir tamén elementos para apoiar a conferencia de forma independente, como por exemplo «Entrevistas» ou «Sala de lactancia». É dicir, estarás apoiando a conferencia pagando o plan que elixises, máis estes elementos independentes (con cupos limitados) para actividades específicas.

Ten en conta que para poder elixir os complementos antes tes que elixir un plan de patrocinio, do máis sinxelo (Cortegada) ao máis completo (Cíes).

Quero presentar unha charla, como fago?

Se visitas a sección Convocatoria de propostas atoparás instrucións para crear o teu resumo e tamén unha ligazón á plataforma onde se envían as propostas, pretalx.

Na ligazón atoparás as instrucións (en inglés e castelán) e poderás comezar a encher o formulario para enviar a túa proposta. Unha vez enviada a proposta poderás editala, así que non te preocupes se tes que facer cambios despois de enviala.

Patrocino, como e cantas entradas consigo?

Segundo o plan elixido terías as seguintes entradas:

  • Cíes: 6 entradas
  • Ons: 4 entradas
  • Sálvora: 2 entradas
  • Cortegada: 1 entrada

Máis información na sección de patrocinios.

Son ponente, teño que mercar entrada?

Todas as ponentes teñen asegurada a súa participación na conferencia, é dicir, non necesitan entrada. Se tes pensado presentarte como ponente, independentemente de que a túa proposta se acepte ou non, recomendámoste adquirir unha entrada.

Trisquel