Convocatoria de propostas (CfP)

Esta páxina contén toda a información sobre o proceso de proposta para PyConES 2024. Actualizarémola a medida que haxa nova información dispoñíbel.

A convocatoria de propostas (CfP) acaba o 9 de Xuño ás 23:59 UTC. Mellor non deixalo para última hora.

Buscamos unha variedade de charlas sobre temas técnicos e non técnicos. Buscamos charlas accesíbeis para todos os niveis de habilidade, e buscamos propostas de persoas con e sen experiencia en dar ponencias.

Se te preguntas se podes facelo, a resposta é «si». Se tes un tema que te interesa, tamén nos interesa a nós.

Recomendacións para propostas

Queremos motivar a persoas con distintos niveis de experiencia en ponencias a participar na conferencia. Sabemos que para persoas que están comezando, pode resultar confuso o proceso de presentar unha idea que reflicta todos os detalles interesantes sobre a túa charla.

É importante que presentes a túa idea de maneira clara, pero que tamén poidas fornecer a información necesaria para que quen a revise poida entendela.

Estrutura do resumo

Unha estrutura simple e fácil de seguir, que contemple os seguintes aspectos:

  • Contexto da charla ou problema
  • Definición do problema
  • Por que é importante buscar unha solución a ese problema?
  • Sobre que se falará e que aprenderá a xente que asista?
  • Requisitos previos ou comentarios adicionais sobre a charla

Que o teu resumo non sexan unha ou dúas liñas que repiten a idea que xa se presenta no título. Intenta incluír factores que fan da túa charla algo especial e único.

Tipos de propostas

  • Charlas: 35 minutos (30 minutos + 5 minutos de preguntas)
  • Talleres: de ata 90 minutos

Se o teu taller dura máis ou menos tempo, non dubides en comunicarllo á organización para telo en conta na configuración do programa. Isto non dará a oportunidade de crear unha planificación variada e axustada aos tres días da conferencia.

Valoramos moito as propostas:

  • Cun enfoque social
  • Saltos entre distintos campos profesionais
  • Ou simplemente sobre a túa experiencia de Python e o seu impacto na túa vida

Temáticas

A temática é aberta sempre e cando teña relación con Python. Aquí deixámoste algunhas ideas:

  • Desenvolvemento web
  • Análise, enxeñaría e ciencia de datos
  • DevOps, administración de sistemas, guións de automatización
  • Educación
  • Aprendizaxe artificial e intelixencia artificial
  • Aplicacións de escritorio
  • Internet das cousas
  • Seguridade e redes
  • Aplicacións móbiles, multimedia e incrustación
  • Comunidade, sociedade e cultura
  • E moitos máis!

Consideracións adicionais

  • Pódense enviar varias propostas por persoa
  • Acéptanse charlas con varias persoas como ponentes
  • Notificarémoste tanto se aceptamos a túa proposta como se non

Preguntas ou suxestións?

Nuestro equipo está aquí para ayudarte. Si tienes alguna pregunta o sugerencia, no dudes en contactarnos en charlas@2024.es.pycon.org . Estamos comprometidos a hacer de PyConES 2024 un evento inclusivo, atractivo e inolvidable para todos.

Vémonos en Vigo!

No olvides seguirnos en twitter @PyConES para obtener la información más reciente y actualizada!

Trisquel