Buscamos unha variedade de charlas sobre temas técnicos e non técnicos. Buscamos charlas accesíbeis para todos os niveis de habilidade, e buscamos propostas de persoas con e sen experiencia en dar ponencias.
Se te preguntas se podes facelo, a resposta é «si». Se tes un tema que te interesa, tamén nos interesa a nós.
Recomendacións para propostas
Queremos motivar a persoas con distintos niveis de experiencia en ponencias a participar na conferencia. Sabemos que para persoas que están comezando, pode resultar confuso o proceso de presentar unha idea que reflicta todos os detalles interesantes sobre a túa charla.
É importante que presentes a túa idea de maneira clara, pero que tamén poidas fornecer a información necesaria para que quen a revise poida entendela.
Estrutura do resumo
Unha estrutura simple e fácil de seguir, que contemple os seguintes aspectos:
-
Contexto da charla ou problema
-
Definición do problema
-
Por que é importante buscar unha solución a ese problema?
-
Sobre que se falará e que aprenderá a xente que asista?
-
Requisitos previos ou comentarios adicionais sobre a charla
Que o teu resumo non sexan unha ou dúas liñas que repiten a idea que xa se presenta no título. Intenta incluír factores que fan da túa charla algo especial e único.
Tipos de propostas
-
Charlas: 35 minutos (30 minutos + 5 minutos de preguntas)
-
Talleres: de ata 90 minutos
Se o teu taller dura máis ou menos tempo, non dubides en comunicarllo á organización para telo en conta na configuración do programa. Isto non dará a oportunidade de crear unha planificación variada e axustada aos tres días da conferencia.
Valoramos moito as propostas:
- Cun enfoque social
- Saltos entre distintos campos profesionais
- Ou simplemente sobre a túa experiencia de Python e o seu impacto na túa vida
Temáticas
A temática é aberta sempre e cando teña relación con Python. Aquí deixámoste algunhas ideas:
-
Desenvolvemento web
-
Análise, enxeñaría e ciencia de datos
-
DevOps, administración de sistemas, guións de automatización
-
Educación
-
Aprendizaxe artificial e intelixencia artificial
-
Aplicacións de escritorio
-
Internet das cousas
-
Seguridade e redes
-
Aplicacións móbiles, multimedia e incrustación
-
Comunidade, sociedade e cultura
-
E moitos máis!
Preguntas ou suxestións?
O noso equipo está aquí para axudarche. Se tes algunha pregunta ou suxestión, non dubides en contactarnos en charlas@2024.es.pycon.org . Estamos comprometidos a facer de PyConES 2024 un evento inclusivo, atractivo e inesquecible para todos.
Vémonos en Vigo!
Non esquezas seguirnos en twitter @PyConES para obter a información máis recente e actualizada!